Para visualizar correctamente esta páxina pode ser preciso instalar Adobe Flash Player 8 ou superior. Fai click aquí
ACCESO A VIVENDA E PROMOCIÓN DO EMPREGO
Dereitos fundamentais das persoas. Infraestruturas para as empresas e o mar. Formación e inserción laboral. Apoio ás empresas.
POLÍGONO INDUSTRIAL DE TÉ
Antecedentes:
- 2004: A Xunta aproba un parque empresarial para Rianxo de 60.000 m/2.
- 2005: Pedro Piñeiro propón ao goberno do Estado a construción dun polígono de 340.000 m/2. (Todo o chan industrial do Concello). O Ministerio de Fomento aproba a ampliación e encarga á sociedade pública SEA (participada nun 85 % polo Estado e nun 15 % pola Xunta), a súa execución e xestión.
Ocupación dos usos destinados a parque empresarial: A superficie dos usos lucrativos do parque é de 201.665 m/2 distribuídos do seguinte xeito: Industrial: 116.665 m/2, Terciarios: 85.000 m/2 (compatible con usos industriais) e espazos libres públicos: 62.416 m/2.
O prazo de execución é de 2 anos. O inicio das obras está previsto para principios de 2008. 69 empresas teñen xa solicitado chan industrial. A súa implantación suporía a creación aproximada de 532 novos postos de traballo.
VIVENDAS PARA XOVES - VIVENDAS SOCIAS
Garantir a igualdade de oportunidades no acceso á vivenda dos mozos e mozas de Rianxo e favorecer a súa emancipación, vai ser un dos obxectivos prioritarios do goberno de Pedro Piñeiro para a vindeira lexislatura. Con este propósito, tense posto á disposición da Consellería de Vivenda e Solo unha parcela de 8.000m2 no lugar de Rianxiño (a carón do IES Félix Muriel) para a construción de vivendas protexidas. O proxecto, en fase de estudio, e á espera da resposta da Xunta de Galicia, podería acoller aloxamentos en réxime de aluguer e/ou de venta (en base ás necesidades e demanda existente) e presentará deseños funcionais adaptados ás características propias destes colectivos.
Esta mesma parcela dará cabida tamén a unha nova promoción de vivendas sociais destinadas a persoas con baixos recursos que cumpran os requisitos establecidos polo IGVS.
INFRAESTRUTURAS PORTUARIAS: PORTOS DE RIANXO E TARAGOÑA
Co proxecto de reordenación dos usos e espazos portuarios (xa iniciado), a corto e medio prazo, a fachada marítima experimentará unha evolución radical, cun mínimo impacto ambiental e salvagardando o noso importante patrimonio.
As actuacións a desenvolver no porto de Rianxo supoñen, entre outros, a construción de 70 departamentos para usuarios, a ampliación e mellora do dique de abrigo, 270 novas prazas para a flota mexilloeira, 282 novos atraques para a flota náutico-deportiva, ademais da urbanización da área sur e a mellora dos accesos.
Tamén será unha realidade a mellora do dique de abrigo do Porto de Taragoña. Unhas inversións que suman un importe de 9.026.876 €.
POLÍGONO COMARCAL DE MONTE PENA
O goberno do PSdeG afondará nas xa iniciadas xestións coas diversas administracións públicas, empresarios, propietarios ..., para que o Polígono Comarcal do Monte Pena sexa unha realidade. PLAN ESTRATÉXICO MUNICIPAL.
PLAN ESTRATÉXICO MUNICIPAL
Paralelamente á posta en marcha dos polígonos industriais, estase a traballar nun plan estratéxico municipal. O seu fin: promocionar, xestionar e realizar actuacións encamiñadas a facilitar a instalación e desenrolo de actividades empresariais no municipio e a creación de emprego.
PROXECTO EMPRENDER E VIVEIRO DE EMPRESAS
Dúas iniciativas, a desenvolver en colaboración coas entidades empresariais, universidade e demais axentes económicos e sociais: o proxecto EMPRENDER e un VIVEIRO DE EMPRESAS. Os seus obxectivos: a atracción de inversores e emprendedores, así como a habilitación de espazos destinados a acoller o inicio de actividades empresariais de nova creación e o seu asesoramento empresarial.
PLAN DE EMPREGO LOCAL - FORMACIÓN OCUPACIONAL
A realización de novas accións formativas a través do Centro Homologado de Formación Ocupacional, que se está ultimar nos baixos de A Martela. Este centro terá capacidade para máis de 50 alumnos e contará con 2 aulas, unha delas especializada no ámbito das novas tecnoloxías. Asemade proxectouse un novo obradoiro de emprego, que está pendente de aprobación, e estase a traballar no deseno dun novo PLAN DE EMPREGO, destinado maiormente á inserción da muller e da mocidade e parados de longa duración.
