AGRUPACIÓN LOCAL DE RIANXO

Para visualizar correctamente esta páxina pode ser preciso instalar Adobe Flash Player 8 ou superior. Fai click aquí

ORDENACIÓN DO TERRITORIO E COMUNICACIÓNS

 

Vivir en Rianxo. Posta en valor de espazos. Estradas e travesías. Seguridade viaria. Eliminar barreiras.

 

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL

 

Un crecemento ordenado no espazo e sustentable no tempo comeza pola elaboración dun documento que recolla tódalas singularidades, características e posibilidades de desenvolvemento dun territorio: o PXOM.
Co asesoramento do arquitecto e o aparellador municipal, e tras reunións de traballo cos portavoces políticos con representación no Concello, o Plan foi presentado publicamente aos veciños. Nesta fase, realizáronse máis de 50 reunións informativas ao longo do pasado ano 2006 con tódolos interesados.
O Plan, que foi denegado no 2003, polo anterior goberno do PP na Xunta, atópase nestes intres presentado na Consellería de Medio Ambiente, onde continúan sen novidade os trámites administrativos necesarios para a súa aprobación definitiva.
Un dos obxectivos do PXOM é potenciar o asentamento nas parroquias e o desenvolvemento do rural, dunha forma harmónica e garantista para o futuro do noso territorio. A sensibilidade do goberno de Pedro Piñeiro fixo que se insistise de modo paciente, pero rotundo, neste Plan (por outra banda, uns instrumento sempre polémico e laborioso, pero imprescindible), pese a non atopar sempre, como xa foi mencionado, a necesaria colaboración política, que non tivo a necesaria recepción.

 

RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DE NUCLEOS RURAIS E OUTROS ESPAZOS DAS PARROQUIAS

 

Adro de TaragonaO territorio artéllase en unidades de poboación que demandan servizos e melloras: alumeado, saneamento, abastecemento de auga, pavimentación de rúas, mobiliario urbano... para o que o PSdeG aporta solucións. A remodelación do núcleo de Rañó, supuxo unha actuación de recuperación exemplar, que inspirou o desenvolvemento dun máis ambicioso plan co que se pretende actuar noutros espazos de parroquias, tales como: A Capela, Brión, Fincheira, Adro de Taragoña,  Quintáns, Vilas .... etc..

 

ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL RIANXO (ARI)
O goberno de Pedro Pineiro aprobou no pasado pleno do martes 8 de maio a declaración de  ARI para Rianxo co obxecto de recuperar e revitalizar os núcleos antigos de Rianxo, Fincheira e Rianxino. Desta medida poderán verse beneficiados un total de 617 edificios con 795 vivendas. As axudas para o desenvolvemento deste plan serán costeadas polo Goberno do Estado,  Xunta de Galicia e  Concello de Rianxo.  

 

ESTRADA DE CIRCUNVALACIÓN
As características formais de Rianxo e o incremento do número de vehículos que circulan cara e dende a nosa vila e outros núcleos do Concello, fan necesario, ata onde sexa posible, desconxestionar as vías de acceso. Este é o obxectivo da circunvalación de Rianxiño-Pedreira e da mellora dos accesos ás parroquias de Leiro e Isorna (actualmente en estudio o proxecto de execución, co compromiso en firme da Deputación da Coruña).

 

TRAVESÍA DO PAZO- CRUCE A RIANXIÑO
Coa colaboración da Deputación, en datas próximas vanse acometer obras por importe de 300 mil € no acondicionamento da travesía do Pazo ao Cruce de Rianxiño. Arcéns, alumeado e mobiliario urbano completarán esta mellora.

 

APARCAMENTOS
O aparcamento é un problema de difícil solución na nosa vila e noutros núcleos do noso Concello. Desde o Goberno do PSdeG-PSOE de Rianxo, estase a traballar na busca de novas alternativas que se concretarán na próxima apertura do aparcamento soterrado nos baixos do mercado. Tamén Taragoña contará proximamente con 56 prazas públicas soterradas de aparcamento. Asemade, estase a estudar a viabilidade dun novo aparcamento soterrado na vila.

 

SINALIZACIÓN, SEGURIDADE E COMUNICACIÓNS
A seguridade é un elemento que está presente en tódolos novos plantexamentos de ampliación e mellora de calquera vía que se abra ou na que se interveña. Tanto para os condutores coma para os peóns, estradas máis seguras, ben sinalizadas e beirarrúas amplas e funcionais. Este é o obxectivo do PSdG-PSOE de Rianxo.

 

PLAN DE INFOACCESIBILIDADE E ACCESIBILIDADE
A eliminación de barreiras nos espazos, físicos e virtuais, e o acceso ás novas tecnoloxías de tódolos cidadáns de Rianxo, está en fase de contratación cun custo de 101 mil euros.