Para visualizar correctamente esta páxina pode ser preciso instalar Adobe Flash Player 8 ou superior. Fai click aquí
DISFRUTE DO MAR E SERVIZOS PARA A NATUREZA
Un Rianxo saudable. Espazos de Saúde. Metabolismo urbano. Axudar ao medio. Mirar ao mar.
RECUPERACIÓN DA FACHADA MARÍTIMA. PASEOS MARÍTIMOS
Gran parte da nosa identidade coma pobo ven definida pola nosa xeografía, Rianxo ábrese ao mar. Unha sociedade avanzada caracterízase polo grado de protección, conservación e recuperación do seu medio e a posibilidade que teñen os seus cidadáns de disfrutar del.
Dende o goberno do PSdeG-PSOE queremos recuperar un espazo de todos para o disfrute de todos. Tres intervencións modificarán a actual paisaxe e o xeito de disfrutar da nosa costa, cunha inversión total que sobrepasa os 9 millóns de euros:
- Senda peonil entre a Torre e o porto de Taragoña: continuación do actual paseo marítimo ata o porto de Taragoña (1.500m. máis de paseo) e dúas áreas recreativas situadas na punta da Posta e no propio porto.
- Recuperación do borde litoral entre punta Fincheira e Tanxil: adecuación e mellora da actual senda entre punta Fincheira e Tanxil, cunha lonxitude total de 900m ampliando e adecuando firmes.
-Senda peonil entre as praias de Tanxil e as Cunchas: apertura dunha senda, continuación da anterior, cunha lonxitude total de 2000m, comunicando así a Vila con dúas das praias máis significativas do Concello.
REXENERACIÓN DE PRAIAS
As praias de A Torre, O Pazo, Quenxo, Tanxil, Porrón e As Cunchas, e outros areais de menor entidade, serán obxecto de rexeneración.
As actuacións consistirán: aporte 177.700metros cúbicos de area procedente de canteiras autorizadas do leito mariño; dragado duns 4.000metros cúbicos para resembra de bancos marisqueiros; construción de catro espigóns por praia (dous de pilotes de madeira e outros dous de escollera), co obxecto de reter as areas depositadas, ampliando así a superficie de praia seca a 30-40metros en marea alta.
Dende o PSdG-PSOE entendemos que unha adecuada rexeneración, mantemento e xestión das nosas praias permitiranos, non só conservalas en óptimas condicións, senón dispoñer dun apreciado recurso económico, tanto marisqueiro como turístico, que redundará en beneficio e disfrute de tódolos veciños e veciñas do Concello.
AMPLIACIÓN REDE DE SANEAMENTO
É unha prioridade para o Goberno de Pedro Piñeiro dotar de saneamento a tódolos veciños do Concello, os pasos xa están dados. Ás importantes obras de saneamento e abastecemento de auga que xa se están a realizar por importe de 1,6 millóns de € en Abuín, Brión e Tronco, sumaranse en breve 430 mil € correspondente ás obras a realizar en Isorna, o Piñeiro e tramo Sestelo-Igrexa, en Isorna; e Rabado, Buhía, A Hermida, Toural e Xufres, en Araño..
REFORMA E MELLORA DA DEPURADORA
Rianxo medra e as infraestruturas vanse quedando pequenas e obsoletas, xerando novas problemáticas que é preciso solventar. É o caso da depuradora. As melloras a acometer na EDAR: duplicarase a área de tratamento de fungos e incorporarase un novo sistema de desinfección e eliminación de malos olores. O custo desta obra ascende a 565 mil €.
NOVA DEPURADORA EN LEIRO
Darlle un tratamento correcto a tódalas augas residuais xeradas é unha obriga co medio ambiente e cos nosos fillos. Descentralizar o tratamento e non sobrecargar a depuradora de Rianxo, xa é un feito. As parroquias de Leiro e Isorna contarán cunha nova depuradora de augas residuais en terreos cedidos pola Comunidade de Montes de Leiro.
PUNTO LIMPO.
A ubicar no lugar de Té, nunha parcela adquirida polo Concello. A súa construción, por importe de 234 mil €, comezará no próximo mes de xuño. O recinto contará con sete dependencias individuais onde depositar gratuitamente os residuos domésticos: electrodomésticos, escombro de pequenas obras, sustancias perigosas...
CONTEDORES SOTERRADOS
Conxugar a estética ambiental urbana e dar servizo de recollida de lixo é unha obriga. Dende o goberno do PSdeG-PSOE tentamos dar solución a este binomio a través da contenerización soterrada. Así, instalaranse dúas illas de contedores soterrados no paseo da Ribeira, cunha inversión total de 98 mil €.
PROGRAMA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA
Esgotamento das fontes tradicionais de enerxía, contaminación ambiental, sobrecusto monetario..., son caras dunha mala xestión enerxética. A sensibilización coa cuestión da enerxía esixe un Plan de Eficiencia Enerxética, en fase de contratación, para reducir e adecuar a xestión da enerxía ós tempos que nos tocou vivir.
