AGRUPACIÓN LOCAL DE RIANXO

Para visualizar correctamente esta páxina pode ser preciso instalar Adobe Flash Player 8 ou superior. Fai click aquí

TURISMO

 

Rianxo, Destino Turístico

 

A presenza de Rianxo no mercado turístico nacional e internacional vaise consolidando, grazas á aposta decidida do goberno de Pedro Piñeiro pola promoción turística e a activación dos recursos. A media anual de visitas censadas sitúase en 8.000 persoas en temporada alta, o que supón 32.000 visitantes nos últimos catro anos.

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Unha das accións de fomento do turismo é a Declaración de Festa de Interese Nacional para A Guadalupe, xunto coa promoción da gastronomía, o patrimonio histórico- artístico, propostas culturais e de ocio...

 

A Calidade Turística como Obxectivo

 

É garantía de que se está a realizar un bo traballo a obtención das seguintes distincións:

 

Tanxil: Bandeira azul dende o ano 2002. Deuse o primeiro paso para a obtención da Q de calidade Turística (máximo recoñecemento turístico a nivel europeo).
Praia da Torre e As Cunchas: preténdese que acaden a distinción de bandeira azul.
Aula Activa do Mar e a caseta de Información Turística: Compromiso de Calidade Turística.

A sostebilidade é fundamental no desenvolvemento turístico do Goberno de Pedro Piñeiro, do mesmo modo que nos proxectos de iniciativa europea Equal II, que preside o noso Concello, apoiando aquelas iniciativas privadas relacionadas cos negocios de turismo rural, náutico e de natureza do noso Concello e comarca.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os novos proxectos que se están a acometer darán un novo pulo ó turismo:

  • A rexeneración das praias.
  • A xestión da rexeneración do bordo litoral, recuperando praias e dotándoas de servizos básicos.
  • A extensión do paseo marítimo cara Té, porto de Taragoña e As Cunchas.
  • A adecuación da fachada marítima da vila de Rianxo no Paseo da Ribeira.

Declaración de Municipio Turístico

 

O pasado mes de marzo, foi informada favorablemente a declaración de Rianxo como Municipio Turístico, o que conleva beneficios como a inclusión no Plan Galego de Promoción do Turismo ou ter prioridade na concesión de axudas e subvencións para a potenciación local do turismo.