AGRUPACIÓN LOCAL DE RIANXO

Para visualizar correctamente esta páxina pode ser preciso instalar Adobe Flash Player 8 ou superior. Fai click aquí

Cultura | Deportes | Xuventude e Novas tecnoloxías | Servizos sociais | Maiores | Igualdade

 

NOVAS TECNOLOXÍAS

 

Programas e Actividades con e para a Mocidade

 

A acción de goberno do PSdeG abrangue varios ámbitos de intervención e a diversos departamentos municipais:

  •  Tarefas de información xuvenil (máis de 3.000 consultas anuais).
  •  Ampla e variada oferta cultural e deportiva.
  •  Programas e actividades educativas e de lecer (obradoiros, actividades de sendeirismo e aire libre, campamento urbano, ...)
  •  Promoción da saúde (drogodependencias e educación afectivo sexual).
  •  Formación ocupacional de inserción sociolaboral.
  •  Programas de contratación.
  •  Apoio asociativo e desenvolvemento de actividades xurdidas dos propios mozos e mozas, ....etc.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As novas instalacións do Centro Sociocultural, a Piscina Climatizada, o novo Campo de Fútbol e o Centro de Formación Ocupacional, permitirán novas posibilidades de intervención no ámbito da mocidade.  Un dos principais obxectivos de Pedro Piñeiro para nova lexislatura, son as vivendas para xoves.

 

A Aposta polas Novas Tecnoloxías

 

O achegamento das mesmas a tódolos sectores da poboación e parroquias xa é unha realidade que continuará nos vindeiros anos, do mesmo modo que os servizos de conexión á rede. Son claro exemplo deste quefacer:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • As diversas xornadas, actividades de iniciación e cursos realizados: ofimática, deseño gráfico e web, e software libre entre outros, acreditados pola Universidade da Coruna. Máis de 900 participantes avalan o traballo realizado.
  • Unha Aula de Informática aberta ó uso do conxunto da poboación (cunha media diaria de 30 usuarios).
  • Os equipos portátiles da aula itinerante (que permiten a descentralización das actividades formativas e de iniciación ).
  • O apoio á creación de redes wifi.
  • Nova web site do Concello (de próxima estrea), que inclúe un portal cidadá, co obxectivo de abrir novas vías de participación ás entidades do concello (información, aloxamento web, correo, ...) e ó conxunto da cidadanía (información administrativa e de servizos, trámites e xestións co concello...).