Para visualizar correctamente esta páxina pode ser preciso instalar Adobe Flash Player 8 ou superior. Fai click aquí
Feitos:
Cultura | Deportes | Xuventude e Novas tecnoloxías | Servizos sociais | Maiores | Igualdade
SERVIZOS SOCIAIS
Prioridade, o Benestar das Persoas
As políticas sociais e de benestar venen a ser un dos eixos principais do programa de goberno de Pedro Piñeiro.
Esta prioridade ten o seu reflexo:
- Nunha continua implementación de programas e servizos, que nos últimos 4 anos beneficiaron a máis de 2.200 persoas, dirixidos a diversos sectores de poboación (maiores, muller, infancia e mocidade, emigración, colectivos con necesidades especiais...).
- No incremento das partidas orzamentarias.
- Na concesión de prestacións e no deseño dunha Concellería forte que, en colaboración con outros departamentos e servizos, seguirá a ocuparse do benestar e do social dun xeito integral.
A través da Aula Ocupacional, os programas de contratación e outras accións formativas e de lecer estase a desenvolver unha importante labor de intervención, apoio e inserción dirixido a persoas con necesidades especiais, programas que terán continuidade nun futuro, a través de convenios con outras institucións.
Saúde e Asistencia Social
Pedro Piñeiro amosou, nestes anos, unha principal preocupación polo dereito á saúde e á atención sanitaria:
- Mellorando a continuidade asistencial entre a Atención Primaria e a Especializada e prestando servizos de calidade.
- Potenciando programas de información e educación sanitaria que inciden no fomento de estilos de vida saudables (entre outros, un boletín informativo que foi distribuído entre a poboación).
- Promocionando a actividade física ou, o desenvolvemento de programas para a mocidade, co fin de diminuír o consumo de substancias tóxicas e a mellora da saúde sexual.
