AGRUPACIÓN LOCAL DE RIANXO

Para visualizar correctamente esta páxina pode ser preciso instalar Adobe Flash Player 8 ou superior. Fai click aquí

Cultura | Deportes | Xuventude e Novas tecnoloxías | Servizos sociais | Maiores | Igualdade

 

CULTURA

 

Incremento da Difusión Cultural

 

Nestes catro anos, o goberno de Pedro Pineiro desenvolveu 70 concertos, 25 proxeccións de cine ó aire libre, 29 espectáculos teatrais e 8 de danza tradicional, 64 visitas culturais e máis de 40 conferencias, charlas-coloquio, recitais de poesía e actividades de promoción da lectura cun público total de case 38.000 persoas.  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O goberno do PSdG-PSOE desenvolveu ademais diversas accións formativas e de dinamización do tecido asociativo, entre outras:

  • Un programa de subvencións.
  • Un servizo permanente de asesoramento.
  • Cesión de equipo, infraestruturas e outras colaboracións.  

O futuro pasa por incrementar as liñas iniciadas, e sobre todo,  a través das novas infraestruturas culturais de Rianxo

 

Os Novos Proxectos

 

A activación do Patrimonio e a Cultura Marítima como liña estrutural supón a creación dun entramado museístico que fará de Rianxo un lugar primordial na oferta cultural galega:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Academia Literaria de Rianxo: coa activación das Casas de Castelao, Dieste e Manuel Antonio, e do Pazo de Martelo.

Rianxo, o Mar Feito Tradición: A Aula Activa do Mar (xa en marcha), O Museo do Mar (xa en marcha), O Museo de Embarcacións a Flote (aprobado pola Xunta e de inicio inmediato), A Casa do Mariñeiro e O Museo dos Exvotos (a concretar na lexislatura que se inicia).

 

Educación e Cultura - Novas Infraestructuras

 

En educación, o Goberno de Pedro Piñeiro, mantén un programa propio de Educación de Adultos (ESO, Alfabetización e Obradoiros de Memoria), así como de implantación das novas tecnoloxías a través da Aula Informática (cursos de iniciación, internet, Informática á Porta.

 

A nova Casa de Cultura é un espazo para a formación e  promoción dos novos creadores (artes visuais, literatura, música, etc.) onde poderán realiza-los seus ensaios e actuacións. Será o núcleo vertebrador dunha rede de infraestruturas e programas (dende bibliotecas a aulas de NNTT).

O recoñecemento do pasado, da nosa memoria histórica, e a potenciación do presente, da nosa realidade cultural, alicerces nos que é imprescindible asentar o progreso e benestar cultural dos rianxeiros e rianxeiras.