Para visualizar correctamente esta páxina pode ser preciso instalar Adobe Flash Player 8 ou superior. Fai click aquí
Feitos:
Cultura | Deportes | Xuventude e Novas tecnoloxías | Servizos sociais | Maiores | Igualdade
MAIORES
Eixos de Actuación no Ámbito dos Maiores
Cabe destacar 4 liñas principais de actuación que informan do traballo realizado nesta lexislatura:
- Un impulso nos servizos de proximidade e de axuda a domicilio, para o desenvolvemento dunha vida independente, activa e saudable.
- Fomento das accións formativas, culturais, deportivas e de lecer e a súa extensión ás parroquias, posibilitaron a participación de máis de 540 persoas maiores. Destacan as actividades de iniciación á informática ("informática á porta"), na súa primeira fase participaron 150 persoas, e a práctica deportiva e ximnasia para maiores de 50 , que se estendeu ás parroquias de Asados, Isorna e Taragoña. Máis de 130 persoas participan xa deste programa.
- Desenvolvemento de programas e actividades de Terapia Ocupacional para o mantemento e fomento das habilidades persoais e a prevención do deterioro nas actividades da vida diaria. Os talleres de memoria ou a biblioteca itinerante, son un exemplo que se pretende estender ás restantes parroquias.
- Información e asesoramento, sobre programas, recursos, xestións e trámites diversos, axudas...


A construción e posta en funcionamento dun Centro de Día con lavandería e comedor a domicilio, no antigo centro de saúde, é un dos obxectivos do goberno do PSdeG de Rianxo para a vindeira lexislatura.
