AGRUPACIÓN LOCAL DE RIANXO

Para visualizar correctamente esta páxina pode ser preciso instalar Adobe Flash Player 8 ou superior. Fai click aquí

Cultura | Deportes | Xuventude e Novas tecnoloxías | Servizos sociais | Maiores | Igualdade

 

IGUALDADE

 

Políticas Transversais de Igualdade

 

O impulso con convicción de políticas de igualdade situou a Rianxo á cabeza de tódolos Concellos de Galicia nesta área. Tanto na promoción da igualdade, como na loita contra a violencia de xénero, o noso compromiso é claro, con políticas transversais de sensibilización social, programas de asistencia sanitaria, xurídica, social e psicolóxica, así como  de formación e inserción sociolaboral ..., adaptadas  ás necesidades das mulleres.

 

Realizáronse diversas accións formativas:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • Obradoiros (restauración, coiro ou cerámica).
  • Cursos homologados (xerente de empresas de economía social, de salarios e seguros,  entre outros), ate sumar máis de 1.500 horas.
  • Accións divulgativas e de concienciación: exposicións, edición de materias, ciclos de charlas, de cine, etc, sempre sen perder de vista a perspectiva de xénero.

As accións formativas, de conciliación da vida laboral e familiar, de asesoramento e inserción sociolaboral... dirixidas ás mulleres rianxeiras foron unha constante ao longo do quefacer desenvolto nesta lexislatura e continuarán a selo no futuro.

A transversalidade da perspectiva de xénero está presente os 365 días do ano, na nosa vida, no concello e na sociedade en xeral, supoñendo un empeno constante para a acción política do equipo de goberno de Pedro Piñeiro.