AGRUPACIÓN LOCAL DE RIANXO

Para visualizar correctamente esta páxina pode ser preciso instalar Adobe Flash Player 8 ou superior. Fai click aquí

Cultura | Deportes | Xuventude e Novas tecnoloxías | Servizos sociais | Maiores | Igualdade

 

O DEPORTE

 

Programas Deportivos Municipais

 

O orzamento dedicado á dinamización deportiva duplicouse nestes anos e dotouse de máis persoal para os programas e  instalacións.
A participación nos programas deportivos municipais incrementouse nun 125% en actividades para nenos e máis dun 200% nas de adultos e Terceira Idade.

Algunhas propostas deportivas municipais son: Iniciación Deportiva e Escolas Deportivas, Adultos e  Terceira  Idade, Deporte Para Todos, Eventos Deportivos....

 

Apoiando ó Deporte Local

 

Nestes últimos anos fíxose unha forte aposta a prol do desenvolvemento dos nosos clubs, repartindo 25.600 € en subvencións, o que supón un incremento dun 100 % das axudas para as actividades de 10 entidades e 2 deportistas de alto nivel respecto de 2003.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Especialmente orgulloso está o goberno rianxeiro  do programa deporte base, con máis de 40.000 € investidos nas 2 edicións deste programa que atende a 6 clubs e máis de 250 deportistas e que pretende mellorar a calidade da formación deportiva dos nosos nenos e nenas.

Invístense anualmente máis de 80.000 € no fomento das actividades dos clubs deportivos rianxeiros.

Outras fórmulas de apoio ás entidades son:

  • A mellora das súas instalacións deportivas.
  • O apoio administrativo e na organización de eventos.
  • Cesión gratuíta das instalacións deportivas municipais.

Novos Equipamentos Deportivos

 

Durante o período 2003/2007 investíronse máis de 2.300.000 € en dotación e mellora do equipamento e infraestruturas deportivas:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • Peche parcial da pista polideportiva de Asados.
  • Pista Polideportiva de Isorna.
  • Substitución do pavimento do Pavillón  de Rianxo.
  • Posta en funcionamento do Pavillón de Taragoña.
  • Construción da Piscina Climatizada (que contará con 2 vasos, sauna, baño turco, jacuzzi, piscina de chorros, sala de masaxes e 2 ximnasios).
  • Inicio das obras do Campo de Fútbol de herba sintética.
  • Outras melloras en instalacións deportivas dos clubs.