AGRUPACIÓN LOCAL DE RIANXO

Para visualizar correctamente esta páxina pode ser preciso instalar Adobe Flash Player 8 ou superior. Fai click aquí

RIANXO COMO PRIORIDADE

 

Pedro Piñeiro, como alcalde de Rianxo e representando aos seus cidadáns, ten demostrado a súa capacidade de xestión ante diferentes gobernos e  administracións.

 

Núnez FeijooCon gobernos do Partido Popular, Pedro Piñeiro tivo sempre presente que o benestar e progreso do Concello estaba por riba de calquera interese partidario e fixo o posible por manter e mellorar  esas relacións, agora de xeito máis doado cos novos gobernantes.

 

 

 

Visita de Alberto Núñez Feijoo na súa etapa á fronte da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Viventa.

 

O goberno municipal é consciente de que un pobo de 12.000 habitantes tería moi difícil  por si só de alcanzar as necesarias metas de progreso e benestar que temos en mente para tódolos rianxeiros. Para este obxectivo é imprescindible  conseguir  apoios económicos en tódalas administracións públicas e así se están a solicitar.

 

Así, a Vicepresidenta Primeira do Goberno, María Teresa Fernández de  la Vega, na súa visita oficial a Rianxo trouxo compromisos que se están a facer realidade.

Igualmente, a atención e apoio  que se está a prestar a Rianxo por parte do Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, que ben se pode acreditar na primeira  recepción ofrecida polo  novo  responsable da Xunta  a un mandatario local así como nas varias visitas institucionais realizadas a Rianxo (no inicio das obras da nova Autovía do Barbanza, visitando as zonas afectadas pola vaga de lumes do pasado verán ou o pasado 1 de maio,  presidindo os actos organizados polo Concello, no Día da  Xente do Mar).

 

A Vicepresidenta Primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega en Rianxo

Vicepresidenta1Presidente1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Acto de coloración da .primeira pedra da Autovía da Barbanzaa co Presidente Touriño

 

O COMPROMISO  DAS  INSTITUCIÓNS CON RIANXO

 

A resposta a este esforzo no ámbito das relacións institucionais por parte do goberno presidido por Pedro Piñneiro está a ser moi frutífera. As visitas institucionais dos máis altos responsables dos gobernos da Xunta e do Estado recibidas nos últimos tempos na nosa localidade están achegándonos boas novas. Presidente e outros responsables da Deputación,  Directores e Directoras Xerais, Delegados e Delegadas Provinciais, Conselleiras e Conselleiros, Vicepresidente e Presidente da Xunta, Vicepresidenta do Goberno Central, todas e todos trouxeron na súa visita, a maiores do seu respecto e reconecemento a Rianxo como pobo emblemático de Galicia,  importantes inversións.