AGRUPACIÓN LOCAL DE RIANXO

Para visualizar correctamente esta páxina pode ser preciso instalar Adobe Flash Player 8 ou superior. Fai click aquí

PROMOCIÓN DO EMPREGO

 

A  inserción no mundo laboral é moi complexa, sobre todo para as mulleres, mozas e mozos, e maiores de 45 anos. Para facilitar o acceso ó traballo, o goberno de Pedro Piñeiro ten trazado un plan de choque: 

  • Aposta pola creación de novas empresas..
  • Formación laboral (novos obradoiros de emprego, e/ou escolas taller),
  • Información e asesoramento.
  • Fomento da contratación.

Os Obradoiros "Vila do Mar" e "A Veliña"

 

A cualificación profesional obtivo o mellor dos resultados para os 115 alumnos  traballadores dos 2 obradoiros  de emprego (2003 e 2007), que supuxeron unha inversión de máis de 2 millóns de euros. Cunha maioría de participantes mulleres, formáronse nas especialidades de albanelería, cantería, carpintería e xardinería.

Os alumnos do  O.E. "Vila do Mar" realizaron diversas actuacións: recuperaron elementos patrimoniais, acondicionaron espazos para uso sociocultural, axudaron a manter as zonas verdes... As  obras realizadas no casco vello e no Cemiterio de Rianxo, son un exemplo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Entre as realizadas polos alumnos do O.E "A Veliña" destacan: Praza e  núcleo de Rañó, contorno do Centro Cultural,  lavadoiros de Rañó e Pazo, Aulas de Formación de A Martela,  no Museo do Mar de Rianxo, e na Capela de Guadalupe. Ademais do mantemento e mellora de parques e xardíns, tiveron especial incidencia nos traballos de recuperación dos montes queimados durante o verán do 2006.

 

Tecido Empresarial e Creación de Emprego

 

Déronse os pasos definitivos, co apoio da Xunta e Goberno Central, para que o Polígono de Té, con 340.000 m2, estea urbanizado no 2008. Empresas de diversos ámbitos teñen xa mostrado interese por instalarse en Té. A súa demanda, supera os 200.000 m2.

Pedro Piñeiro, na súa decidida aposta pola creación de emprego, continúa a facer as xestións para que o polígono de Monte Pena, sempre de acordo coa Comunidade de Montes de Leiro, sexa unha realidade.

 

Brigada Municipal de Obras

 

 

 

 

Composta por 28 operarios, será ampliada, en número de traballadores e maquinaria. Co fin de mellorar os servizos básicos de tódolos rianxeiros, están a realizar importantes intervencións: dotación de saneamento aos núcleos rurais, conducións de auga potable, apertura, mellora e limpeza de pistas e núcleos rurais, arcéns...

 

Fomento da Contratación

 

 

O Concello asinou coa Administración Pública (Xunta, Deputación, INEM...) diversos convenios, plans e programas que permitiron, nesta lexislatura, a contratación de máis de 300 traballadores rianxeiros.

Infraestruturas e servizos básicos foron mellorando grazas ó apoio ás políticas de emprego do goberno local, cun investimento superior a un millón de euros. Os colectivos con maiores dificultades de inserción laboral foron os principais beneficiarios.

 

 

Información, Orientación Laboral e Formación

 

 

 

 

Realizáronse diversas accións, dende  información e orientación ate o asesoramento empresarial. Asemade instalouse no Cuartel Vello un kiosko electrónico que permite aos desempregados o selado das tarxetas e o acceso á  información laboral (cursos, ofertas de emprego ... etc.) 

 

 

 

O desenvolvemento de accións de formación ocupacional  e outras medidas de inserción laboral a través do Plan FIP, do Servizo Galego de Igualdade, dos proxectos "Inserta",  "Proximitas", "Rurbanet"..., foron outra constante ao longo desta lexislatura , que se verá  incrementado coa posta en marcha, en breve prazo, dun Centro de Formación Ocupacional.