Para visualizar correctamente esta páxina pode ser preciso instalar Adobe Flash Player 8 ou superior. Fai click aquí
Feitos:
OUTROS SERVIZOS DO CONCELLO
Unha administración áxil e de calidade, que sexa capaz de satisfacer e dar resposta ás inquedanzas dos veciños e veciñas, nos seus diferentes ámbitos de interese (no administrativo, na seguridade, no social ...), é unha das premisas da xestión de goberno de Pedro Piñeiro.
Ampliación e Mellora de Servizos
As melloras nos servizos de recadación e urbanismo, no de ambulancia e asistencia social, a ampliación da plantilla da Policía Local..., son exemplo deste compromiso coa cidadanía. Así como a accesibilidade e proximidade que amosa no seu quefacer diario Pedro Piñeiro, sempre á disposición dos veciños, tentando dar resposta ás súas demandas e necesidades.
A ampliación da Casa do Concello (xa iniciada), coa integración do antigo edificio do xulgado, vai posibilitar, ademais dunha necesaria reordenación de espazos, unha notable mellora na atención e calidade dos servizos que se prestan á cidadanía.
Dende que o Concello asumiu a xestión do Servizo de Recadación (fai agora case 1 ano) gañouse en eficacia e axilidade, mellor fiscalización, coordinación entre servizos, información e asesoramento ao contribuínte, informatización ....
A ampliación de persoal no departamento de urbanismo supuxo un gran avance: axilización dos trámites e xestións, información e asesoramento en asuntos tan importantes como o PXOM, licencias urbanísticas, normativa ....
A dotación ó parque de maquinaria cun novo tractor para a limpeza (viais, praias ...), unha máquina varredora, e outra de pintado de vías.... (para os que a Deputación dispuxo 275.000 €), permitirá á brigada de obras a realización doutras moitas melloras no entorno rural.


A Nova Imaxe do Concello
Co obxectivo de velar polo bo emprego dos elementos identificadores do Concello, creouse unha nova imaxe que, respectando os aspectos históricos e formais, desenvolve unha identidade propia, unificando a imaxe xeral da institución. Aplicarase ós documentos oficiais e a tódolos soportes comunicativos e estará presente na nova web municipal (de próxima estrea), que posibilitará a axilización de trámites administrativos, ademais dunha información actualizada do quefacer do Concello. Un portal cidadán abrirá, asemade, novas vías de participación ás entidades.
Paralelamente, creouse unha marca turística de Rianxo, como elemento de promoción asociada ó Concello, mais con autonomía fronte á imaxe da institución.
