AGRUPACIÓN LOCAL DE RIANXO

Para visualizar correctamente esta páxina pode ser preciso instalar Adobe Flash Player 8 ou superior. Fai click aquí

MEDIO AMBIENTE

 

Dende o goberno de Pedro Piñeiro estanse fomentando alternativas que buscan un desenvolvemento equilibrado e respectuoso coa natureza, conxugando o desenvolvemento económico e social co aumento da calidade de vida das persoas.

 

Os Compromisos son Asumidos e Mantidos

 

Selado e clausura do vertedoiro de Té. Recuperalo como zona verde, eliminar a contaminación e integralo na paisaxe, foi unha obriga que fomos quen de lograr. Reverter a degradación de espazos, protexer, conservar e poner en valor, é noso compromiso.

  • Contedores de recollida selectiva en tódolos núcleos.
  • Contenerización soterrada.
  • Mellora das infraestruturas hidráulicas de abastecemento.
  • Recollida e tratamento.
  • Normativa local de verquidos.
  • Rexeneración do litoral e Limpeza. A labor realizada é notable. As nosas praias, xardíns e paseo, a limpeza de tramos dos cauces dos ríos (Té, Pedre, Quintáns), limpeza de areais (A Torre , As Cunchas), a rexeneración de vertedoiros incontrolados nas parroquias...son bo exemplo.
  • Programas de educación e sensibilización.
  • Compromiso Bandeira Azul. A educación ambiental como eixo e compromiso de goberno de Pedro Piñeiro, aválao o reconecemento á Aula Activa do Mar como Centro  Bandeira Azul de Educación Ambiental nos anos 2005 e 2006.
  • Servizo de atención ambiental.
  • Axenda 21 local. É unha estratexia de sustentabilidade promovida desde o equipo de goberno do PSdeG-PSOE que pretende construír un consenso social e facer participe á cidadanía.
  • Xestión do lixo. Apostamos por novas alternativas, dende hai un tempo ven funcionando un plan piloto de cesión de composteiros para a compostaxe doméstica. Potenciar a reciclaxe, redución e utilización dos nosos residuos orgánicos é o camino.
  • Lumes Forestais. Rianxo foi un referente na aplicación de iniciativas para a loita contra os efectos dos lumes forestais.  Evitar a perda de solo é unha prioridade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Futuro está aquí

  • Punto limpo.
  • Melloras na depuradora. A súa ampliación e recuperación vai ser inmediata, cun presuposto de 565.000 €.
  • Incremento da rede de saneamento.
  • Nova traída de augas.
  • Ampliación da Aula do Mar "Santiago Gallego Picard". Nos seus oito anos de funcionamento pasaron por ela preto de 10.000 persoas. En breve iniciaranse as obras de ampliación para dotala de novos espazos. Está firmado coa Consellería de Pesca un convenio de colaboración valorado en  270.000 €.
  • Erradicación de vertedoiros incontrolados.
  • Nova depuradora en Leiro ...