Para visualizar correctamente esta páxina pode ser preciso instalar Adobe Flash Player 8 ou superior. Fai click aquí
Feitos:
Obras significativas | Saneamento | Rede viaria | Espazos públicos | Patrimonio | Outros
SANEAMENTO E AUGA
A extensión destes servizos a tódalas parroquias é a nosa prioridade. Actualmente o 75% da poboación xa conta cos mesmos, ademais estase a inverter máis de 3 millóns de euros en máis de 30 núcleos do Concello.
Algunhas actuacións destacadas:
-Levouse a rede de sumidoiros ao Campo da Ponte e ampliouse coa rede de saneamento e pozo de bombeo nas Miráns e en Pousada.
-Dende a primeira fase en Burés, conectáronse O Barral, A Mámoa, Revolta, Somoza, Suigrexa, e Valcobo.
-Dotación de auga potable e saneamento na Veiga ata as inmediacións de O Regueiro e na Senra, Pozos e Pedreira.
-Abastecemento de auga en Campo de Pasos.
-Instalación da rede de impulsión dende Laxe a Monte Grande.
-Actuacións en Cuvide, Burata, Dorna, Iñobre, Monte Pinal e Salto de Lobo ....
-Extensión da rede de saneamento e abastecemento de auga a Rañó. Estanse realizando actuacións en Brión, Abuín e Tronco, por un importe superior a 1´6 millóns de euros.
-Sumando un total de preto de 80 Km de saneamento e 7 Km de bombeo.



Entre as próximas actuacións en saneamento:
Aprobadas pola Deputación e a Consellería de Medio Ambiente, cun importe de 430.000 €, nos lugares de Isorna, O Piñeiro, no tramo Sestelo-Igrexa, xunto cos lugares de Rabado, Buía, A Hermida, Toural e Xufres (O Arano).
Melloras no tratamento das augas residuais
Outra prioridade do actual equipo de goberno é a mellora da depuradora e así Pedro Piñeiro o ten solicitado reiteradamente ante a Consellería de Medio Ambiente. Dita reforma foi aprobada o pasado mes de abril, polo Consello da Xunta como medida de urxencia e o seu inicio vai ser inmediato.

As actuacións, por un importe de 565.000 €, consisten en duplicar a área de tratamentos de fungos, incorporar un sistema de desinfección e a eliminación de malos olores. Estas medidas mellorarán a calidade das augas nas zonas de produción de moluscos. O Concello, en colaboración coa Comunidade de Montes de Leiro, puxo á disposición da Consellería de Medio Ambiente os terreos para construír unha nova depuradora de augas residuais nesa parroquia.
