Para visualizar correctamente esta páxina pode ser preciso instalar Adobe Flash Player 8 ou superior. Fai click aquí
Feitos:
Obras significativas | Saneamento | Rede viaria | Espazos públicos | Patrimonio | Outros
REDE E SEGURIDADE VIARIA
Calidade Viaria e Seguridade Peonil
Co fin de mellorar a seguridade viaria e facilitar o acceso do tráfico rodado a tódolos lugares, estase a traballar arreo para asinar convenios coa Xunta e Deputación, para poder afrontar os elevados custes que supoñen a construción de novas beiravías, apertura e aglomerado de novas pistas, creación de sendas peonís...
Dotar de beirarrúas ás principais estradas e núcleos de poboación é outro dos obxectivos que se impuxo o PSdeG-PSOE:
- Construíronse novas beiravías en Fachán, O Pazo-Té, Tanxil, Palleiro, Isorna, Veiguiña... e novos tramos na estrada 305.
- Este verán, a Xunta vai dotar de arcéns varios tramos importantes desta vía ao seu paso por Araño e Taragoña
Durante esta lexislatura, continuando co plan de mellora da rede viaria local, o goberno municipal actuou en diferentes frontes: abríronse, asfaltáronse e reparáronse tódalas pistas do municipio. Entre as executadas pódense mencionar a apertura de pistas do Piñeiro e de Rial a Meiquiz, a mellora dos firmes dos accesos a Buía, Barral, Dorna, Somoza, Mámoa, O Piñeiro, Iñobre, Paradela, Castiñeirina, Isorna-Vacariza, etc.


Outro importante logro foi a remodelación da Ponte de Catoira, obra realizada polas Deputacións de A Coruña e Pontevedra, así como as actuacións realizadas ao longo da CP 3301 (Rianxo-Vacariza), onde se dotaron varios tramos de arcéns e beirarrúas (Palleiro, Isorna...). Está en fase de contratación, pola Deputación de A Coruña, a instalación de 22 novos puntos de luz no entorno da rotonda.


Ademais a Deputación realizará neste ano o estudio e posterior proxecto da circunvalación exterior por Rianxiño e a remodelación da Travesía do Pazo de Rianxo. A redacción deste proxecto será incorporada ó Plan de Travesías 2007 cun presuposto de 300.000€.
A Autovía da Barbanza xa en obras
Foi, dende sempre, unha estrada de accidentes e mortes, que Rianxo sufriu en primeira liña. Pedro Piñeiro, como alcalde e dende a presidencia da Mancomunidade, tentou por tódolos medios, co apoio da corporación e demais alcaldes, poñer fin a tanta dor.

