Para visualizar correctamente esta páxina pode ser preciso instalar Adobe Flash Player 8 ou superior. Fai click aquí
Feitos:
Obras significativas | Saneamento | Rede viaria | Espazos públicos | Patrimonio | Outros
PATRIMONIO
A posta en valor dos núcleos antigos da localidade e a recuperación do patrimonio é un dos importantes proxectos que está a desenrolar o goberno municipal. A declaración de Área de Rehabilitación Integral de Rianxo para o casco antigo da vila, Fincheira e Rianxiño permitirá, aos propietarios das 795 vivendas delimitadas, beneficiarse das axudas para restaurar estes inmobles en Rianxo e Rianxiño.
Conservación e Promoción
A conservación e activación do noso patrimonio é unha constante do goberno presidido por Pedro Piñeiro.
Ás actuacións realizadas así o reflicten:
No casco antigo da vila.
- No Cemiterio Parroquial de Rianxo.
- Na Capela da Guadalupe.
- No contorno da Capela de S. Xosé da Floresta.
- Restauración de lavadoiros (Pazo, Rañó, Rial, Quintáns ..), fontes (Outeiro, Vacariza, Igrexa...) muíños do Piñeiro ...
- Estase presto a actuar nos cruceiros da Laxe e da Vacariza así como, na fonte de Vilanustre, entre outras.



Plan de Activación Patrimonial
O goberno de Pedro Piñeiro trazou un plan ambicioso para a recuperación patrimonial, as nosas grandes apostas:

Proxecto de recuperación do Castelo da Lúa (foso, espazo que ocupaba a torre e os recintos amurallados, iluminación, delimitación dos caminos ...). A piques de se iniciar as obras, estarán rematadas no 2008. Supón unha inversión de 400.000 €.

Academia literaria de Rianxo: preservar as casas natais dos nosos persoeiros máis ilustres e a súa conversión nun entramado museístico. As achegas do Ministerio de Cultura e da Deputación permitiron a compra da casa de Manuel Antonio e ao longo deste ano afrontarase a compra da de Castelao (xa se dispón dunha axuda do goberno central de 300.000 €), se a Consellería de Cultura a declara Ben de Interese Cultural.

A activación da cultura marítima tradicional a través do proxecto "O mar feito tradición", do que o recentemente inaugurado Museo do Mar forma parte.
