Para visualizar correctamente esta páxina pode ser preciso instalar Adobe Flash Player 8 ou superior. Fai click aquí
Feitos:
Obras significativas | Saneamento | Rede viaria | Espazos públicos | Patrimonio | Outros
OBRAS SIGNIFICATIVAS
Nos dous últimos anos da lexislatura, Rianxo recibiu atención preferente das administración autonómica e estatal, o que se reflicte nas importantes inversións que se están a acometer:


Museo do Mar e de Rianxo, sito na antiga "Casa do Coxo", buque insignia do proxecto museístico "O mar feito tradición".
Gardería Infantil Municipal. O recinto ofrece, entre outros servizos: 6 aulas, cociña-comedor, sala de xogos e de reunións. Xa ten recibido preto de 90 solicitudes.


Novo Centro de Saúde. Inaugurouse no primeiro trimestre de 2007. Os servizos veranse incrementados cos departamentos de odontoloxía, educación sanitaria e un pad de urxencias (sala de medicina xeral, zona de curas e de observación e rehabilitación).
Novo Mercado Municipal. Situado nun céntrico espazo, onde se ven de construír un aparcamento público soterrado e unha nova área de ocio de 4.500 m/2.


A Piscina Climatizada. Atópase nunha avanzada fase de construción. O recinto deportivo está concibido cunha dobre finalidade, a deportiva e a terapéutica.
Portos de Rianxo e Taragoña. Rianxo vive, en boa medida, do mar, polo que o goberno de Pedro Piñeiro sempre entendeu vital dar resposta ás súas necesidades. Coa execución deste proxecto, en fase de iniciación, a fachada marítima experimentará unha evolución radical, cun mínimo impacto ambiental.


Centro Sociocultural. Sito no Parque Galicia, conta cunha superficie de máis de 2350 m/2. A súa inauguración será no mes de setembro. A planta baixa acolle o auditorio, con capacidade para 312 persoas. Dará cabida á nova Biblioteca Pública, con sala infantil e zona multimedia, ademais dunha ampla área de exposicións.
As 24 vivendas sociais construídas en A Martela, teñen unha superficie de entre 82 e 90 m/2. Adxudicadas entre os solicitantes que reunían os requisitos esixidos polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, foron entregadas en abril de 2005. O edificio conta con 11 baixos, dos cales 4 son propiedade do Concello, que renunciou a 2 vivendas en beneficio de máis familias. O obxectivo dos vindeiros anos será a construción de vivendas para xoves e persoas necesitadas. Para este fin, o Concello ten ofertado á Xunta unha parcela de 8.000 m/2 en Rianxiño.
AS CIFRAS DOS GRANDES INVESTIMENTOS
Novo Centro de Saúde |
1.528.000,00€ |
Vivendas Sociais |
1.600.000,00€ |
Gardería Infantil Municipal |
650.000,00€ |
Museo do Mar de Rianxo |
270.000,00€ |
Novo Mercado Municipal |
840.000,00€ |
Centro Sociocultural |
2.800.000,00€ |
Praza de Campos de Pasos |
539.000,00€ |
Piscina Municipal |
1.450.000,00€ |
Ordenacións portuarias |
9.026.876,00€ |
Ampliación Casa do Concello |
803.000,00€ |
Adecuación núcleo de Ranó E máis ...............
|
959.129,00€
|
