Para visualizar correctamente esta páxina pode ser preciso instalar Adobe Flash Player 8 ou superior. Fai click aquí
Feitos:
Obras significativas | Saneamento | Rede viaria | Espazos públicos | Patrimonio | Outros
HUMANIZACIÓN E POSTA EN VALOR DE ESPAZOS PÚBLICOS
Segue sendo unha das apostas máis firmes, co fin de dotalos de servizos e facelos atraentes para os seus residentes, a actividade comercial, a convivencia e o lecer. Tamén os núcleos rurais necesitan a súa posta en valor e recuperación. Só así as parroquias gañarán en servizos, calidade de vida e asentamento da poboación.
Con estes obxectivos, realizáronse diversas actuacións:

Acondicionamento e mellora da parte interior do Paseo da Ribeira, un espazo comercial, de paseo e de interese turístico.

Praza e aparcamento público en Campos de Pasos, en fase final de construción. A parte superior confórmase como unha praza de cerca de 2.000 m2.
A construción da Praza da Manuela supuxo o derrube da antiga praza de abastos e a rexeneración urbanística da zona. A escultura suxire a imaxe da "Manuela" embarcación con doce remos izados que lembran os trunfos dos marineiros de Rianxo a bordo da mesma. A actuación incluíu paneis informativos, e un novo sistema de iluminación nas esculturas do Paseo da Ribeira.

A recentemente remodelada rúa de Rinlo, realizada integramente pola Deputación de A Coruña, inclúe a construción das rotondas de Rosalía de Castro e do cruce Rinlo-Rianxiño, necesaria para a desconxestión do tráfico na súa entrada e saída do casco urbano.

Recuperación do espazo das antigas escolas da Atalaia para praza pública, un importante logro no eixe da actividade comercial da parroquia. As actuacións consistiron na eliminación de boa parte das barreiras físicas e visuais, a dotación de pavimento, iluminación, equipamento urbano e área infantil.
Actuacións no núcleo rural de Rañó, na praza e outros espazos, supuxeron a instalación de servizos (saneamento, pavimentación de rúas e praza, dotación de mobiliario urbano, etc). e melloras no parque público, no entorno da Pista Polideportiva de Rañó, do Centro Cultural, e do Vía Crucis. Algunhas vivendas tradicionais presentes no núcleo en estado ruinoso, están sendo rehabilitadas polos seus propietarios.
Este proxecto terá continuidade en Brión, A Capela, O Pazo, Adro de Taragoña, Quintáns, Fincheira...e cunha Área de Rehabilitación Integral para o casco vello de Rianxo, Rianxiño e Fincheira, que permitirá ós propietarios beneficiarse das axudas para a rehabilitación de vivendas, entre outras medidas.
Espazos de Lecer e Convivencia

A continua mellora e ampliación das áreas de recreo, parques infantís e axardinamento de espazos públicos nas parroquias, o turismo de natureza, coa habilitación de sendeiros por lugares de interese natural e arqueolóxico (existen varios sendeiros sinalizados), son obxectivos de traballo para a vindeira lexislatura.

O Paseo Marítimo de Rianxo estase a converter nun ben de disfrute para os veciños, ademais dun reclamo turístico, animando ao paseo, ao encontro e á práctica saudable. O equipo de goberno do PSdeG, que preside Pedro Piñeiro, ten previsto acometer a súa ampliación, estendéndoo ate o Porto de Taragoña e ate as Praias de Tanxil e As Cunchas.
